Monday 29 de April de 2024

A Xunta pon en valor o traballo de difusión que leva adiante a Cátedra do Camiño, que celebra hoxe e mañá o seu Congreso Anual Internacional


A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, tomou parte esta mañá na inauguración do IV Congreso Internacional da Cátedra Institucional do Camiño de Santiago e das Peregrinacións da USC que se celebra hoxe e mañá na Cidade da Cultura co fin de poñer en valor a actividade científica, divulgadora e didáctica de persoas, entidades, institucións e universidades, galegas, nacionais e estranxeiras, involucradas no estudo do Camiño de Santiago e as Peregrinacións no Ano Santo. Nava Castro puxo en valor o traballo didáctico e de difusión da investigación nacional e internacional que fai a Cátedra, que conta co apoio da Universidade de Santiago de Compostela, a Axencia de Turismo da Xunta de Galicia e a Catedral de Santiago.